POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 oct 2012

CASTAÑAS / CHESTNUTS



(Imaxe baixada de internet)

Ourizos verdes
e verdes castiñeiros:
marrón futuro.





Erizos verdes,
y verdes los castaños:
marrón futuro.



The green echini
and the green chestnut trees
have a brown future.

7 comentarios:

suaseiras dijo...

Fíxome moita gracia, se chegas a poñer "futuro marrón" ;))

Cousa extraña o froito éste.

Eutimos dijo...

La naturaleza juega con los colores de una forma muy sabia.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja. Non penses que non me pasou pola cabeza o de "futuro marrón", pero sobrábame unha sílaba... :-)

Si, a natureza é sabia en moitas cousas, escollendo a paleta de cores, por exemplo. Pero ás veces tamén fai cada burrada...

suaseiras dijo...

Non entendo, que sílaba!?? Ou, ten retranca??

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non, desta vez sen retranca. A ver se me explico: "marrón futuro" ten 5 sílabas, que son as que me conveñen para ese verso. Se poño "futuro marrón", como a última palabra é aguda, como a última sílaba é acentuada, segundo as leis da métrica teño que contar unha sílaba máis. Daquela saen 6.

Rascacheira dijo...

Eh... eh... que os haikus non suman nin restan... xa estamos con trampas??? Ai, ai, ai...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ai non, ¿e logo como se contan as 17 sílabas que presuntamente teñen que ter? Se non sumas nin restas nin contas nin nada, sae o que cadra. En xaponés, non se contará, claro, porque, para empezar, xa non teñen sílabas; pero como eu de xaponés sei pouquiño...