POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

25 oct. 2012

A VINGANZA DO XAMÓN / LA VENGANZA DEL JAMÓN


Atragoouse engulindo o seu manxar preferido: xamón ibérico. Perdeu o sentido, pero a rápida intervención do seu home salvoulle a vida. Espertou nun hospital, aínda que ignora totalmente a situación. Unha estraña secuela neurolóxica impídelle ver a realidade. Os familiares que a rodean son para ela unha rolada de porcos que lle aportan placidez. Esboza un xesto semellante a un sorriso e roña de satisfacción. Os demais, abraiados, interpretan os acenos como un sinal de recuperación e fálanlle con agarimo. Agora é ela a sorprendida, non recoñece esa forma tan rara de gruñir dos seus conxéneres.



(Imaxe baixada de internet)

Se atragantó devorando su manjar preferido: jamón ibérico. Perdió el conocimiento, pero la rápida intervención de su esposo le salvó la vida. Despertó en un hospital, aunque ignora totalmente la situación. Una extraña secuela neurológica le impide ver la realidad. Los familiares que la rodean son para ella una piara que le aporta placidez. Esboza una mueca semejante a una sonrisa y gruñe de satisfacción. Los demás, impresionados, interpretan sus gestos como una señal de recuperación y le hablan cariñosamente. Ahora es ella la sorprendida, no reconoce esa forma tan rara de gruñir de sus congéneres.


8 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Que divertido!, Habrá que llevar cuidado degustando ese manjar tan delicioso, no me gustaría acabar de cerdita.

Madoé dijo...

Eu case prefiro comer porco ca tenreira, aínda que sexa galega. Porque, coa que está caendo, é moi perigoso ter tetos... :-)

Eutimos dijo...

Disculpa, pero a pesar de meter tu frase en el traductor de google no la entiendo. Se ruega versión castellana :-)

Madoé dijo...

Ja ja ja. Traduzo: Jugando con tu comentario, decía que es mejor convertirse en cerdo que en ternera, porque por aquí es típico hablar de tirar del "teto", de la ubre, cuando se quiere sacar beneficio, chupar, esquilmar... Y con la que está cayendo... Hacía referencia a la "ternera gallega" porque es denominación de origen, carne de calidad. Pero ni así, prefiero ser cerdita que ternera fina y que me tiren de la teta.

Rascacheira dijo...

Gruuughggggggggggghhhhh!!!

Madoé dijo...

¡Que maneira tan rara de falar ten esta compa! :-)

Rascacheira dijo...

Era una cerdita...

Madoé dijo...

Que rima con...