POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 oct. 2012

ILUSIÓN


A mediados de setembro, co angazo da praia que o seu neto pequeno deixou esquecido e o mango extensible dunha fregona inútil da teletenda, deseñou un novo prototipo de busca-cogomelos para a campaña próxima. Baleirou o cesto que levaba uns meses facendo de revisteiro. Afiou a navalla. Localizou a lupa. Limpou as súas botas impermeables. Repasou libros, apuntamentos e fotografías. Busca a todas horas información sobre o tempo, que segue seco e sen previsión de chuvia. ¡Desesperante! Os preparativos e a ansiedade por saír ó monte, fixéronlle esquecer que leva máis de medio ano en cadeira de rodas irreversible.





 A mediados de setiembre, con el rastrillo de playa que su nieto pequeño dejó olvidado y un mango extensible de fregona inútil de teletienda, diseñó un nuevo prototipo de busca-setas para la campaña próxima. Vació el cesto que llevaba unos meses haciendo de revistero. Afiló la navaja. Localizó la lupa. Limpió sus botas impermeables. Repasó libros, apuntes y fotografías. Busca a todas horas información sobre el tiempo, que sigue seco y sin previsión de lluvias. ¡Desesperante! Los preparativos y la ansiedad por salir al monte, le han hecho olvidar que lleva más de medio año en silla de ruedas irreversible.

4 comentarios:

Eutimos dijo...

Cuando algo nos ilusiona tanto se nos olvidan nuestras limitaciones. Es triste.

Madoé dijo...

Si, é triste; pero lembra que é só produto da miña fantasía, que funciona mellor en clave macabra.

suaseiras dijo...

Estando nunha cadeira de rodas, posiblemente o tivese complicado para sair ó monte,pero se a ilusión é moi grande algo inventaría.

Moi bo o relato.

Madoé dijo...

Pódeche o amor ó cogomelo... Ja ja ja.