POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

10 oct. 2012

CARA ATRÁS / HACIA ATRÁS



(Imaxe baixada de internet)

Quería sorprender á muller. As vodas de prata ben merecían unha viaxe especial. Comezou por percorrer varias axencias. Nada novo, as ofertas de sempre. Mergullouse en internet e ó fin deu cun titular que captou a súa atención: “Levámoste ó tempo que desexes”. Pareceulle un slogan orixinal e informouse. Custoulle moito crer o que lle contaron, pero arriscouse e contratou unha viaxe para dous todo incluído. Lugar de saída, a data exacta do vixésimo quinto aniversario; destino, o día de onte. O axustado presuposto non daba para máis.  A aventura ofrecía escalas en tódalas horas con degustación de tempos mozos; paseos relaxantes polos minutos mais destacados do camiño; vistas panorámicas desde os segundos mais excitantes... Cando chegaron ó final do percorrido, decatáronse de que o billete era só de ida. E alí seguen, instalados nun día de onte de 1.987.




(Imaxe baixada de internet)
Quería sorprender a su esposa. Las bodas de plata bien merecían un viaje especial. Empezó por recorrer varias agencias. Nada nuevo, las ofertas de siempre. Buceó en internet y al fin dio con un titular que captó su atención: “Te llevamos al tiempo que desees”. Le pareció un eslogan original y se informó. Le costó mucho creer lo que le contaron, pero se arriesgó y contrató un viaje para dos todo incluido. Lugar de salida, la fecha exacta del vigésimo quinto aniversario; destino, el día de ayer. El ajustado presupuesto no daba para más. La aventura  ofrecía escalas en todas las horas con degustación de tiempos mozos; paseos relajantes por los minutos más destacados del camino; vistas panorámicas desde los segundos más excitantes… Cuando llegaron al final del recorrido, se percataron de que el billete era sólo de ida. Y allí siguen, instalados en un día de ayer de 1.987.

4 comentarios:

Eutimos dijo...

Me está resultando difícil elegir a qué día de mi pasado me gustaría viajar. El relato ha tenido la virtud de hacerme recordar que ha habido muchos días felices.

Madoé dijo...

Pois alégrome de que servira para algo positivo.

Rascacheira dijo...

Sería un bonito libro para facer cos pequenos: a que momento da túa vida che gustaría viaxar?

Madoé dijo...

¿Estasme facendo unha pregunta ou é o título do libro?