POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 oct 2012

A DESTEMPO / A DESTIEMPO / AT THE WRONG TIME


CÁLIDO OTOÑO (Acuarela, de Carmen López)
Outono quente:
un demo encantador.
Falsa ilusión.



Otoño cálido:
demonio encantador.
Falsa ilusión



The warmth of autumn:
Oh, what a charming demon.
But still a false hope.


4 comentarios:

Eutimos dijo...

Mil gracias por utilizar mi imagen del otoño para tu haikus.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Mil "denadas".

Rascacheira dijo...

Bonitos colores acuareleiros!

suaseiras dijo...

Outono quente nunha ilusión encantadora de un falso demo Acuarela de Carmen.
Moi bonita, por certo.