POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 nov. 2012

PLACEBO



(A. Phalloides. Imaxe baixada de internet)
Chegou a xeada e, con ela, o final das escapadas ó monte. Xa sabe, por outros anos, en que orde se presentarán os síntomas: ansiedade, apatía, depresión… Tamén coñece a menciña: doses altas de fotografía micolóxica a toda cor. Primeiro, cada doce horas; despois, cada vez máis espazadas. Pero, sobre todo, halle axudar a seguridade do antídoto que garda no conxelador, por se acaso, entre boletus variados e lactarius deliciosus: unha fermosa amanita phalloides, en anacos, etiquetada en clave, lista para unha eventual recaída. Se soubese que a súa parella lla substitúe cada outono por unha citrina…




A. Citrina
Llegaron las heladas y, con ellas, el final de las escapadas al monte. Ya sabe, por otros años, en que orden se presentarán los síntomas: ansiedad, tristeza, apatía, depresión…También conoce la medicina: dosis altas de fotografía micológica a todo color. Al principio, cada doce horas; después, cada vez más espaciadas. Pero, sobre todo, le ayuda la seguridad del antídoto que guarda en el congelador, por si las moscas, entre boletus variados y lactarios deliciosus: una hermosa amanita phalloides troceada, etiquetada en clave, lista para una eventual recaída. Si supiera que su pareja la sustituye cada otoño por una citrina…

(Seleccionado e publicado no  Segundo Certamen MICO MICRO RELATOS SAN JORGE)

11 comentarios:

Madoé dijo...

Información para os profanos na materia, ja ja ja: a A. Phalloides é mortal de necesidade; a A. Citrina, non. Son da familia, parécense bastante e pódense confundir.

Eutimos dijo...

Esta vez ya lo había entendido. Me parece que recurrir a la Phaloides sería excesivo, ¿no le iría mejor una cita en la Unidad de Conductas Adictivas?

Madoé dijo...

¡Pois claro! Pero quedábame sen relato. :-) O tema era a micoloxía, e a Phalloides era a protagonista.

Rascacheira dijo...

A derradeira frase despístame... Como é?
-Se soubese que a súa parella a substitúe... entón... tomaría a phaloides???
Ou...
-se soubese que o seu marido a substitue...!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Madoé dijo...

Non sei se estás de coña ou de broma... É unha maneira de falar, quere dicir que non sabe o que fai a súa parella, ¡ai se o soubese!, armaríase unha boa, cando menos. ¿Vale así? :-)

Rascacheira dijo...

VALE

carnota dijo...

Mentres teñas alguén que che cambie a phalloides pola citrina penso que podes seguir tomando desa droga en doses altas. Se algún día non o fai, ¡¡CÓIDATE!!

Madoé dijo...

¡Ei, que non era autobiográfico! ¿Por quen me tes? :-)

carnota dijo...

¿Por quen me tomas ti? Eu falaba co ser virtual.

Madoé dijo...

Xa quedo moito máis tranquila... :-)

suaseiras dijo...

A fhalloides da imaxe, é idéntica a que vimos noutro día...!!

Fíxaste no título??