POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 nov. 2012

DESENCONTRO ESPACIAL / DESENCUENTRO ESPACIAL



A última vez que se despediu de Marte, pareceulle ver nos poligonais olliños da súa marciana favorita un brillo esmeralda diferente; humidade, se cadra. Sabía que ese sería a última viaxe, a misión no planeta vermello rematara. Pero, desde o seu regreso á estación espacial, non deixou de pensar nela. Cando se viu incapaz de esquecela, loitou sen tregua contra a crise e os poderes públicos ata conseguir unha nova expedición; nesta ocasión, a Xúpiter. Teno todo programado: a nave sufrirá unha avaría ficticia e terá que facer unha amartizaxe de emerxencia no deserto ferruxinoso que tan ben coñece: ¡Miña xoia! Ignora que a rapaza dos ollos esmeralda, desesperada por non obter resposta ó seus incontables intentos de comunicación telepática, mudouse de hemisferio na procura dunha situación cósmica favorable que lle permita o imposible.


(Imaxe baixada de internet)

La última vez que se despidió de Marte, le pareció ver en los poligonales ojitos de su marciana favorita un brillo esmeralda diferente; humedad, tal vez. Sabía que ese sería su último viaje, la misión en el planeta rojo había finalizado. Pero, desde su regreso a la estación espacial, no dejó de pensar en ella. Cuando se vio incapaz de olvidarla, luchó sin tregua contra la crisis y los poderes públicos hasta conseguir una nueva expedición; en esta ocasión, a Júpiter. Lo tiene todo programado: la nave sufrirá un percance ficticio y tendrá que hacer un amartizaje de emergencia en el desierto ferruginoso que tan bien conoce. ¡Pobre! Ignora que la chica de los ojos esmeralda, desesperada por no obtener respuesta a sus incontables intentos de comunicación telepática, se ha mudado de hemisferio en busca de una situación cósmica favorable que le permita lo imposible.


2 comentarios:

Eutimos dijo...

Un "Romeo y Julieta" interespacial. ¡que emocionante!

suaseiras dijo...

Un clásico...