POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 abr. 2012

VIÚVA / VIUDA

Pintura de Picasso (imaxe baixada de internet)


Os días son eternos, xa non ten que facer.




Los días son eternos, ya no tiene que hacer.






10 comentarios:

Rascacheira dijo...

E logo? Dáballe moito traballo o seu home?

Madoé dijo...

Ti máis eu non nos enteramos, pero haiche algúns homes que dan moito traballiño... ja ja ja.

suaseiras dijo...

Hai algunhas que lle presta que nin dios...Iso de non ter que facer!!

Madoé dijo...

Non sei a quen te refires...

e dijo...

Era la sombra de su marido, desaparecido él, ella cree no existir y se arrastra pegada a las paredes y a suelo sin referencias. ¡Que pena!

Madoé dijo...

Así tal cual. Aínda que falta a firma habitual, delátate a profesión...

suaseiras dijo...

Non me refiro a ninguén en concreto, só dicia e sigo dicindo que algunhas viuvas despois de superar a fase do arrastrado polo chan, atópanse con unha vida que lle senta que nin "dios" Chea de cousas que nunca viviran nin pensaran nelas e descúbrenas, tarde, pero gratamente.

Madoé dijo...

Pero parece que non é o caso desta, alomenos de momento...

carnota dijo...

É o risco que ten dedicarse exclusivamente a servir. Se che morre o obxecto do teu traballo, quedas no paro. Ja...Non se debería bromear con estas cousas

suaseiras dijo...

Seguindo na liña..., no paro,
pero,cobrando, non??