POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 abr. 2012

UVAS

DIJO LA ZORRA... (Acuarela, de Carmen López)


Con traxe verde
nos acios apiñadas
pebidas de ouro.





Con traje verde
en racimo apiñadas
pepitas de oro.





4 comentarios:

eutimos dijo...

¡Jo!, cómo lucen mis uvas adornadas por tu texto.
Gracias por subirlas a tu blog, están muy felices ahí.

Madoé dijo...

Locen porque son fermosas. Estarán felices porque me serviron de inspiración...
Gracias a ti por prestarmas.

nandina dijo...

Moi bonita acuarela, Carmen.
Que incómodas son as pebidas nas uvas.

Saúdos a todxs.

Madoé dijo...

¡O que eu temía! Pebida en galego identifícase máis co significado de semente que con "pepita" de ouro, que era o que quixen poñer: "anaco pequeno de certos minerais que adoita aparecer en terreos de aluvión (unha pebida de ouro). Se puxera pepiña... ja ja ja.