POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 abr 2012

¿ONDE ESTARÁ? / ¿DÓNDE ESTARÁ?


Cando chegou, esquecera a misión encomendada. Quixo conectar cos seus e non lembraba a maneira de facelo. Aínda que non sabía a onde dirixirse, un impulso fíxoo poñerse en movemento. Avanzou coa esperanza de atopar resposta ó seu desacougo. Sen noción do tempo que ía pasando, dedicouse a observar abraiado o que aparecía diante del, sen que ninguén nin nada lle solucionara a súa desorientación. Non entendía por que todos fuxían espavorecidos. Empezou a notar sensacións descoñecidas para el, que tampouco sabía identificar ou nomear. Rendido, decidiu regresar ó seu planeta. Pero non logrou dar coa nave...


(Imaxe baixada de internet)

Cuando llegó, se había olvidado la misión encomendada. Quiso conectar con los suyos y no recordaba la manera de hacerlo. Aunque no sabía a dónde dirigirse, un impulso le hizo ponerse en movimiento. Siguió adelante con la esperanza de encontrar respuesta a su incertidumbre. Sin noción del tiempo que iba pasando, se dedicó a observar estupefacto lo que aparecía ante sí, sin que nada ni nadie le solucionara su desorientación. No entendía por qué todos huían despavoridos. Empezó a notar sensaciones desconocidas para él, que tampoco sabía identificar o nombrar. Rendido, decidió regresar a su planeta. Pero no logró encontrar la nave… 



7 comentarios:

eutimos dijo...

No es preciso ser de otro planeta para sentirse así de extraño. Ocurre a veces.

Rascacheira dijo...

O seu planeta podía estar neste, claro que sí.

Rascacheira dijo...

Unha cousa. As letras para comentar cada vez están máis difíciles de descifrar. Chegará un momento ...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois o tema das letras de descifrar, non está nas miñas mans amañalo, non sei que se podería facer...

carnota dijo...

Outro desubicado. Mal de moitos...

suaseiras dijo...

Un extraterrestre que tivo mala sorte no noso planeta. Está clarismo!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

O que demostra que isto non o amaña nin un extraterrestre...