POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 abr. 2012

SENTIMENTOS DE VIAXE /SENTIMIENTOS DE VIAJE

(Imaxe baixada de internet)



Voando a ras de gris autoestrada 
violadora de virxes paisaxes 
que recrean lenzos impresionistas 
de tenues cores matizadas 
en verdes, violetas e brancos
que cumpridas lombas fronteirizas 
espalladas entre Caurel e Ancares
regalan ó viaxante primaveral, 
mergúllome de súpeto en Castela:
un mar sobrio, de escasas ondas
tinguidas de cores secas, rotundas. 
Paso da emoción da pintura 
ó sosego da inmensidade, da constancia. 




(Imaxe baixada de internet)

Volando a ras de gris autopista
violadora de vírgenes paisajes
que recrean lienzos impresionistas
de tenues colores matizados
en verdes, violetas y blancos
que amplias colinas fronterizas
esparcidas entre Caurel y Ancares
regalan al viajante primaveral,
me sumerjo de repente en Castilla:
un mar sobrio, de escasas olas
teñidas de colores secos, rotundos.
Paso de la emoción de la pintura
al sosiego de la inmensidad, de la constancia.


4 comentarios:

nandina dijo...

No contraste da natureza está a diversidad do noso planeta. O conxunto dos nosos sentimentos, poñenlle voz de un xeito ou de outro.

Madoé dijo...

Pois si. Por ben veces que faga esa mesma viaxe, non me vou cansar de disfrutar dese contraste.

Anónimo dijo...

Mola mogollón. Fáiseme mestura de Pondal e Novoneyra.
¡Que non esvaeza esa luz creadora!

Madoé dijo...

Grazas, D. Anónimo. ¡Que honor!