POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 abr. 2012

CRISE/CRISIS

Crise. ¡Que saberán eles! Crise é traballar desde neno con teu pai para erguer unha humilde empresa familiar; e que, cando os empregados se contan xa por decenas, un infarto do vello te deixe a ti ó fronte con só dezanove abrís. Que a túa muller se vaia co último obreiro que contrataches e cos euros da conta compartida. Que esteas contando os días que lle faltan ó teu amado fillo para cumprir os doce, a ver se se decide a vivir contigo; e que che diga que te esquezas, que os seus colegas se rin de ti porque pareces un ancián. Que túa nai morra de pena porque non lle deixan ver o neto. Que che sobren os cartos, pero...

(Imaxe baixada de internet)

Por un intre interrompe os seus razoamentos e acomódase mellor entre os cartóns, que o relente da madrugada séntalle fatal ós seus malparados ósos.










            Crisis. ¡Qué sabrán ellos! Crisis es trabajar desde niño con tu padre para levantar una humilde empresa familiar; y que, cuando los empleados se cuentan ya por decenas, un infarto del viejo te deje a ti al frente con sólo diecinueve abriles. Que tu mujer se vaya con el último obrero que has contratado y los euros de la cuenta compartida. Que estés contando los días que le faltan a tu amado hijo para cumplir los doce, a ver si se decide a vivir contigo; y te diga que te olvides, que sus colegas se ríen de ti porque pareces un anciano. Que tu madre se muera de pena porque no le dejan ver a su nieto. Que te sobre el dinero, pero…

          Por un momento interrumpe sus razonamientos y se acomoda mejor entre los cartones, que el relente de la madrugada le sienta fatal a sus maltrechos huesos.


7 comentarios:

Eutimos dijo...

Otra historia en la que cuatro pinceladas hacen que se desenvuelva toda una trama. ¡qué habilidad tienes para sugerir!

Madoé dijo...

Pois moitas grazas. Non sei se é habilidade ou necesidade, recurso, (mecanismo de defensa?)... para suplir a incapacidade de escribir un texto longo.

Eutimos dijo...

Es habilidad, seguro, y es muy interesante porque hace que el lector se plantee la posible historia, así hay tantas historias como lectores, mira que creativo. Se podría utilizar el método para un test proyectivo. Como el TAT de Murray.

Madoé dijo...

¡Que interesante! Isto si que me gusta. E ese test, ¿a quen se lle pasaría, a min ou a outros pacientes? Anótome voluntariamente en lista de espera para facer do teu "ratón de laboratorio". Ja ja ja.

Eutimos dijo...

Cualquiera que complete la historia se proyectaría. Es que has acertado a tocar muchos temas sensibles: relaciones padre/hijo hacia atrás y hacia adelante, rol de la madre, relaciones de pareja, función del dinero...
El protagonista pasa de la posición paranoide (atribuir su situación presente a los otros) a la depresiva (tocar fondo, hundirse en la miseria) y esto puede ser re interpretado por cada uno de nosotros.

Madoé dijo...

Interesante. Creo que para min non valería, a miña historia acaba aí... Claro que nas túas mans, seguramente que isto xa sería unha proxección. ¡Ai que perigo! Ja ja ja...

suaseiras dijo...

Gústoume moito o xeito de expoñer unha miseria máis de unha vida. Cantas vidas máis se poden ver reflexadas nesta??