POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 may 2012

FLOR



ACUARELA SOBRE PAPEL, de Carmen López


Rosa encarnada.
Ata o traxe de espiñas
lle senta ben.







Rosa carmín.
Hasta el traje de espinas
le sienta bien.





8 comentarios:

Eutimos dijo...

Y envuelta en tus palabras, luce aún más. Gracias por mostrarla.

Edita Nogueira Tallón dijo...

De nada. É unha simbiose...

suaseiras dijo...

Coidado coas espiñas dos rosais...


por certo, alguén me pode dicir cando vai deixar de chover...!!!???

Xa sei que mandei varios S.O.S. Por auga..., xa vale!! Empezo a pudrir...!!!!!!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Quéixate agora... Tarde piaches. Só a ti se che ocorre pedir auga en Galicia... ¿E por que non pides euros, a ver...?

carnota dijo...

Gústame esta flor porque é fermosa pero lista. Sabe que ter xenio é necesario. Bonita acuarela

suaseiras dijo...

Carnota, estivo ben o do xenio. Pero de pouco lle serve ante unhas tixeiras de podar:))

Non me fixara na acuarela, noraboa Carmen!!

Non quero dar a murga,pero...,non soporto esta calor!!.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Hala! Agora véñenlle as calores... Non sei se terás que cambiar de país...

rascacheiro dijo...

PRECIOSA acuarela, si!!!