POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 may. 2012

POBRE MACHO…



(Imaxe baixada de internet)


Nunca pensou verse así. El, que era incapaz de matar unha mosca… Ollou as mans cheas de sangue  e compadeceuse. ¡A culpa fora dela, por provocalo!






Nunca lo hubiera creído. Él, que era incapaz de matar una mosca…
Miró sus manos ensangrentadas y se compadeció. ¡Ella lo había provocado!



4 comentarios:

Eutimos dijo...

Sí, a veces ocurre, solamente se envalentonan con ella

carnota dijo...

Imaxe bastante impactante. Non estou ce acordo co desprendemento desa cabeza: debería ser a del. A muller ¿soamente? perde a vida.

suaseiras dijo...

Si home, pobriño el; claro, ante tanta provocación, mataa!!E compadecese...,pobre!!!

Se todas estas mulleres fosen políticas, chamaríaselle terrorismo, estaría con un par de gardaelpaldas todo o día e parte da noite. Pero como só son mulleres, máis nada que mulleres, pois recortan os poucos recursos de axudas que hai para elas.
Quero recordar, que o mal-trato ou violencia de xénero, como se queira chamar, tamén pode atoparse ente homes,é verdade. Pero, elas morren...

Madoé dijo...

¡Que desaproveitada estás! ¿Non pensaches algunha vez en crear un partido novo? Xa ves que non che falo de apuntarte a ningún actual...