POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:
“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
10 comentarios:
¡Que desesperanzador!, en que pocas palabras trasmite el sentimiento. Impresionante.
En poucas palabras: "¡moltes gràcies!".
Si, é o que mais me gusta de Madoé.
¿Que é o que máis che gusta, que use poucas palabras ou este relatiño en concreto?
Eu sempre lle digo que é a RAÏÑA DAS POUCAS PALABRAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ben difícil, por certo... porque todos estamos a darlle a sen óso todo o día...
¡Hala, hala...! Veña a darme xabón. Mira que se un día se me dá por crelo... :-)
Pois dáme que pensar iso da miña escritura tan concentrada, porque eu tamén lle dou ben a sen óso. A ver se vai ser por preguiza...
Entonces, las que escribimos largo, ¿hablamos poco?. No creo, por lo menos por lo que a mi hace, :-)))))
Non, non, o normal debe ser iso, falar longo e escribir longo. A rara son eu. Non teño idea, pero penso que estadísticamente haberá máis homes que escriban relato curto ca mulleres, seguro.
A min gústame a técnica do relato curto, sobre todo para ler, porque o escritor xa che evita o labor de síntese. ¡Vagancia pura!
Tamén me gusta escribilo para non ter que dar tantas explicacións. ¡Vagancia pura!
¡Nin que fósemos da familia, eh! :-)
Publicar un comentario