POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 jul 2011

EDITIÑO 1


Cando polo día é noite
e a noite non ten Lúa,
manda a confusión no espazo
e buscas onde non hai.
Pecha os ollos.
Abre a calma e respira.

(Imaxe de internet, editada)




Cuando de día es de noche,
y no sale la Luna,  
la confusión manda en todo
y buscas donde no hay.
Ojos prietos.
Calma abierta y respira.

5 comentarios:

Eutimos dijo...

He oído el recitado y me ha resultado muy hermoso, con cierto halo de misterio en esa voz profunda.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Voume poñer colorada...
(Me voy a poner colorada...)

suaseiras dijo...

Superrealismo!!

Rascacheira dijo...

O recitado é o teu PUNTO FORTE! Xa me repito...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non te preocupes, encántame que me repitan os piropos. :-)