POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 jul. 2011

SOIDADE INTEGRAL / SOLEDAD INTEGRAL


Desde que un infarto traidor lle arrebatou o marido, hai xa unha década, vive soa na casona que acababan de construír con tanto esforzo. Agora sóbralle espazo e fáltanlle ilusións. O seu único fillo  reside na outra punta do país. Sempre que o traballo llo permite, calza o flamante Mercedes e vén de visita. Hoxe estao agardando. Tenlle o cuarto impecable e a súa comida favorita a punto. Xa non tardará. Coma sempre, ansiedade e ledicia logran ocultar por unhas horas a súa tristeza crónica. Soa o teléfono. Cólleo correndo. Será el, seguro... É a Garda Civil de Tráfico. Non dá entendido ben o que intentan explicarlle. Desmáiase.




(Imaxe baixada de internet)
Desde que un infarto traidor le arrebató el marido, hace ya una década, vive sola en la casona que acababan de construir con tanto esfuerzo. Ahora le sobra espacio y le faltan ilusiones. Su único hijo reside en la otra punta del país. Siempre que el trabajo se lo permite, se encasqueta el flamante Mercedes y viene a visitarla. Hoy lo está esperando. Le tiene la habitación impecable y su comida favorita a punto. Ya no tardará. Como siempre, ansiedad y alegría logran ocultar por unas horas su tristeza crónica. Suena el teléfono. Corre a cogerlo. Será él, seguro…Es la Guardia Civil de Tráfico. No consigue entender bien lo que  intentan explicarle. Se desmaya.

1 comentario:

suaseiras dijo...

Esta si que é triste, buaaff.