POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

3 ago. 2010

TARDE DE MÁIS / DEMASIADO TARDE /

(Imaxe baixada de internet)
Levaba unha eternidade pedindo a palabra. Cando, por fin, lle foi concedida, permitiuse a liberdade de non dicir nada. Os seus anhelos xa prescribiran.


Llevaba una eternidad pidiendo la palabra. Cuando, al fin, le fue concedida, se tomó la libertad de no decir nada. Sus anhelos habían prescrito.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Encántame a rotundidade con que resolve a espera. Así se fai. Tanto andar a gatas, ¿pa que? A imaxe vaille que nin pintada

Madoé dijo...

Deches no cravo, Carnota.

suaseiras dijo...

moi pouca paciencia!!

Madoé dijo...

Hai quen non dá esperado nin unha eternidade...

suaseiras dijo...

Pois eso...para que están as reercanaións?