POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 ago. 2010

N.M.


Todos che queren.
(Imaxe baixada de internet)
Todos, non. Unha, non.
Todos te admiran,
te aprecian, te buscan
e ata che rouban
o tempo que é teu.
Todos, non. Esa, non.
Todos esperan
que sexas feliz,
que medres,
que luzas,
que sexas quen es.
Todos, non. Xa sabes.
Todos valoran
o que fas por todos.
Todos te aproban.
Todos te loan.
Todos, non. Ti, non.
Así non hai maneira.

Todos te quieren.
Todos, no. Una, no.
Todos te admiran,
te aprecian, te buscan
y hasta te roban
el tiempo que es tuyo.
Todos, no. Esa, no.
Todos esperan
que seas feliz,
que crezcas,
que luzcas,
que seas quien eres.
Todos, no. Ya sabes.
Todos valoran
lo que haces por todos.
Todos te aprueban.
Todos te loan.
Todos, no. Tú, no.
Así no hay manera.

5 comentarios:

Begoña dijo...

Arre, demo! Que imaxe tan fea!!! Síntoo polo-a que a fixo pero NON me gusta nada. Esa man con ese anel, ese careto de manga... queres cambialaaaaaaaaaaaaaaaaaaa?
Se eu fose a persoa do poema...!!!

Anónimo dijo...

Eu non estou de acordo con Begoña de que é unha imaxe fea. Simplemente rara, que seguramente o autor/a quere usar para dar a entender o pouco que se valora. Non obstante, a música optimista que acompaña ao poema, danos unha idea de que hai un certo ocultamento da verdade.
Carnota

Madoé dijo...

Estou máis de acordo con Carnota que con Begoña. Non te enfades, Begoña, e sigue comentando, por favor.

Begoña dijo...

Enfadarme??? O que me enfada é que agora sexades dúas-dous contra unha. Pero a min éme ighual, eu sigo opinando que é moi moi moi fea de dios! E punto! Mira que as puxeches bonitas noutras partes do blog, pero esta... En fin... paciencia! Agora que dende este ordenata as podo ver ben, disfruto delas.

suaseiras dijo...

Ja,ja..bueno...a imaxe xa dou moito xogo.
Igual e un reflexo da cara que poñemos, cando pensamos:así non hai maneira.