POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 ago. 2010

CHAMUSCADA

Tratando de recompoñer as súas cinzas, meteu a man e queimouse. Abraiou ó comprobar que aínda quedaban ascuas. E non sabe se soprar e reavivar o lume ou deixarse apagar lentamente, humedecéndose de pranto, podrecendo de espera.


(Imaxe baixada de internet)
Tratando de recomponer sus cenizas, metió la mano y se quemó. Se asombró al comprobar que todavía quedaban rescoldos. Y no sabe si soplar y reavivar el fuego o dejarse apagar lentamente, humedeciéndose de llanto, pudriéndose de espera.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Deixarse levar é máis cómodo pero non creo eu que sexa ese o espírito dunha persoa que espreme tanto o cerebro para que lle queden unhas cousas tan bonitas, incluída a música.
Carnota

Madoé dijo...

Grazas, Carnota Anónima.