POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 ago. 2010

POETAS NA ESCOLA / POETAS EN LA ESCUELA /

¡A mestra está tola!                                    recitado
Non chegan os contos,
ditados e frases;
agora empeñouse
en facernos poetas.
E leunos poemas
e púxose leda
e púxonos tristes
e fíxonos rir…

¡A mestra é moi cuca!
Pediu voluntarios.
E como non houbo
ningún movemento,
miroume de esguello,
miroume de fronte,
sorriu maliciosa…
e xa está: tocoume.

¡Mandar é moi fácil!
E deume consellos:
Expresa o que sintas.
Permite que fale
o teu corazón
con palabras lindas,
se riman, que rimen.
E xoga con elas,
e fainas bailar,
e cando xa cansen
aloumíñaas ben
e déixaas cantar,
e serás poeta
sen te decatar.

¡A mestra está tola!


(Imaxe baixada de internet)
¡La profe está loca!
No llegan los cuentos
dictados y frases;
ahora se empeña
en hacernos poetas.
Y leyó poemas
y se puso alegre
y nos puso tristes
y nos dio la risa...

¡La profe es muy cuca!
Pidió voluntarios.
Y como no hubo
 ningún movimiento,
miró de reojo
me miró de frente,
sonrió maliciosa...
 Ya está: me ha tocado.



¡Mandar es muy fácil!
Y me dio consejos:
expresa qué sientes.
Permite que hable
tu gran corazón
con palabras lindas,
si riman, que rimen.
Y juega con ellas,
y hazlas bailar,
y cuando se cansen
y las acaricies,
déjalas cantar.
Y serás poeta,
ni te enterarás.


La profe está loca!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu este preferíao en inglés, porque así seguro que non o entendía tan ben.
Carnota

Madoé dijo...

Gustoume que entenderas tan ben o poema...

suaseiras dijo...

Non iredes agora a sentirvos culpables?

Madoé dijo...

¡Non! Aínda que me chamen tola...

suaseiras dijo...

Xenial o recitado!!

Madoé dijo...

Alégrome de que che guste. Graciñas.