POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 ago. 2010

MAR DE DÚBIDAS / MAR DE DUDAS /

Mar revolto.                                                                      recitado
Ideas que son ondas.
Sol nubrado.
(Imaxe baixada de internet: Obra de Mª Dolores “Dolly” Rueda)
Auga farta de area.
Vou nadar
e afóganme as ideas.
Boto a áncora
e espétase na merda.
Busco luz
pero só atopo brétema.

Presinto máis que vexo
a túa claridade.
Tan alta que non lle chego.
Tan forte que me castiga.
Tan túa que a quero miña.


Mar revuelto.
Ideas que son olas.
Sol nublado.
Agua henchida de arena.
Voy nadando
y me ahogan las ideas.
Echo el ancla
y se clava en la mierda.
Busco luz
pero sólo hallo niebla.

Presiento más que veo
tu firme claridad.
Tan alta que no la alcanzo.
Tan fuerte que me castiga.
Tan tuya...La quiero mía.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Preciosa música e imaxe moi orixinal para acompañar un texto semi- pesimista onde a autora busca na luz doutra persoa a claridade que lle falta no seu interior.
Carnota

Madoé dijo...

Outra vez grazas, Carnota.