POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

13 ago. 2010

AS MIÑAS BOLBORETAS / MIS MARIPOSAS / MY BUTTERFLIES



No meu xardín non hai máis flores cás espiñas das rosas; nin máis carreiros cás pedras do camiño; nin máis cor cá terra de marrón.
Nin máis ledicia cás bolboretas fantasía que sobrevoan as miñas espiñas, pedras e marróns para tinguir de rosa o meu xardín.
Pero nada máis que son alegres mentres voan, e só voan mentres soño.


En mi jardín, no hay más flores que las espinas de las rosas; ni más senderos que las piedras del camino; ni más color que la tierra de marrón. Ni más dicha que las mariposas fantasía, que sobrevuelan mis espinas, mis piedras y mis marrones para teñir de rosa mi jardín.
Pero sólo son dichosas mientras vuelan, y sólo vuelan mientras sueño.
(Imaxe baixada de internet)


In my garden there are no other flowers than the thorns of the roses; no other paths than the stones of the track; no other colour than the earth of brown.
No other joy than the fantasy butterflies that fly over my thorns, stones and browns to dye my garden pink.
But they are joyful only while they are flying, and they only fly while I dream.

9 comentarios:

Begoña dijo...

Pois pensei que ía soar peor en inglés, pero non... SOA BONITO tamén.

Anónimo dijo...

Para esa música tan poética e ese mundo de bolboretas de soño, penso que a imaxe deprime bastante, sobre todo a "roya" das poucas follas que lle quedan. ¿Ou que?
Carnota

Madoé dijo...

Grazas ás dúas. A foto non está moi lograda, certo; pero o texto, ainda que vaporoso, é triste tamén.

Begoña dijo...

Sigo co inglés. O teu blog tamén serve para aprender, repasar... Non sabía que as espiñas se chamasen así; encántame ler o das STONES OF THE TRACK (sempre pensei que aparecería a palabra ROAD como no libro da Xeración Beatnik...) e recordar os "cantos rodados", the rolling stones. Ademais as bolboretas teñen nomes preciosos en todas as linguas: non soa ben ese BUTTERFLIES, ou papillon, pimpilimpausa e mesmo mariposa???

GUAI!

Madoé dijo...

Creo que vou ter que inventar sinónimos de grazas para non gastar esta palabra.

Lástima que eu non poida disfrutar do inglés, pero alégrome de que haxa lectores do blog que dominen esta lingua mellor ca min.

Pois si, tanto o animaliño como o seu nome son fermosos.

Madoé dijo...

Carnota, ¿mellorou algo a imaxe agora?

Begoña, ¿gústanche esas bolboretiñas fantasía?

Begoña dijo...

ENCÁNTANME!!!!!!!!!!!!!!!!

suaseiras dijo...

A imaxe das bolboretiñas é mellorable,eu quedo co marrón, as espiñas, as pedras os raios e tronos, sapos e culebras...
Por certo Begoña, a min gústame moito mais bolboreta.

Madoé dijo...

Ai, suaseiras, suaseiras..., que vai resultar que te pareces a min na cor: gris marengo tirando a negro carbón.