POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 feb 2025

VIOLENCIA CONXÉNITA / VIOLENCIA CONGÉNITA


Imaxe procedente de internet


Cortoulle a cabeza, o rabo e dúas patas pola metade. Cun punzón e saña desmedida, encheu o corpo que quedaba de buracos. Como non sangraba, enfadouse e pediulle á mestra que lle dese outra ficha, pero cun animal de verdade.

  

Imaxe procedente de internet



Le cortó la cabeza, el rabo y dos patas por la mitad. Con un punzón y saña desmedida, llenó el cuerpo que quedaba de agujeros. Como no sangraba, se enfadó y le pidió a la profe que le diera otra ficha, pero con un animal de verdad.


No hay comentarios: