POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 feb 2025

CIENCIA ILUSORIA


Imaxe procedente de internet

Despois de anos investigando sobre a saponificación clónica, está a piques de alcanzar o seu obxectivo: vivir nunha burbulla exclusiva. Isto supuxo inventar pompas xeneticamente irrepetibles. As primeiras, aínda que únicas, resultaban demasiado pequenas, inservibles. Ó fin, xurdiron as grandes utilizando un xabón elaborado con novos óleos transxénicos. O éxito chegou ó conseguir estabilizar unha esfera xigante que mide dous metros de diámetro; é transparente, irisada, e leva case cinco meses inmutable. Apenas dorme pola ansia que a espera provoca, pero xa só lle falta atopar a maneira de introducirse nela durante un tempo ilimitado sen alterar a súa delicada textura.

 

 

Después de años investigando sobre la saponificación clónica, está a punto de alcanzar su objetivo: vivir en una burbuja exclusiva. Esto supuso inventar pompas genéticamente irrepetibles. Las primeras, aunque únicas, resultaban demasiado pequeñas, inservibles. Al fin, surgieron las grandes utilizando un jabón elaborado con novedosos óleos transgénicos. El éxito llegó al conseguir estabilizar una esfera gigante que mide dos metros de diámetro; es transparente, irisada, y lleva casi cinco meses inmutable. Apenas duerme por el ansia que la espera provoca, pero ya solo le falta encontrar la manera de introducirse en ella durante un tiempo ilimitado sin alterar su delicada textura.

 

No hay comentarios: