POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 feb 2025

UN OCUPA SILENCIOSO


Desde unha viga do teito, colga o coteno da soga rabenada inutilmente. O arrendador, que pretendía cobrar os atrasos, tardará en recuperarse do susto. A silueta de xiz resístese a desaparecer do chan, facendo indeleble o recordo da traxedia.

Imaxe procedente de internet

Non podía desaproveitar a oportunidade de contemplar de preto as verdadeiras reaccións da xente e decidín quedarme un tempo; pero agora xa lle collín gusto e non penso irme. Debín facelo antes, nunca vivín mellor. Aínda que poñan a casa en venda, seralles difícil atopar a alguén que acepte compartir piso coa pantasma dun suicida.




Desde una viga del techo, cuelga el muñón de la soga cercenada inútilmente. El casero, que pretendía cobrar los atrasos, tardará en recuperarse del susto. La silueta de tiza se resiste a desaparecer del suelo, haciendo indeleble el recuerdo de la tragedia.

No podía desaprovechar la oportunidad de contemplar de cerca las verdaderas reacciones de la gente y decidí quedarme un tiempo; pero ahora ya le he cogido gusto y no pienso irme. Debí hacerlo antes, nunca he vivido mejor. Aunque pongan la casa en venta, les será difícil encontrar a alguien que acepte compartir piso con el fantasma de un suicida.


No hay comentarios: