POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 feb 2025

EVOLUCIÓN

 

Imaxe procedente de internet


Despois de lustros amestrando golfiños, notou dificultades para enfundar o neopreno. Tivo que deixar de usalo, o mesmo cás extremidades, convertidas agora en apéndices con pretensións de aletas. Os seus intelixentes cetáceos asumiron a situación e adéstrano a diario. Hai lista de espera para asistir ó novo espectáculo do parque acuático.



Después de lustros amaestrando delfines, notó dificultades para enfundar el neopreno. Tuvo que dejar de usarlo, lo mismo que las extremidades, convertidas ahora en apéndices con pretensiones de aletas. Sus inteligentes cetáceos asumieron la situación y lo entrenan a diario. Hay lista de espera para asistir al nuevo espectáculo del parque acuático.


No hay comentarios: