POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 oct 2024

PEIXE / PÁJARO

 

Imaxe procedente de internet


Cando chega á casa da súa avoa, a quen visita ultimamente con moita frecuencia, sae lume polo balcón. Sen dubidalo, empápase nunha fonte próxima e entra veloz á vivenda desoíndo os berros que tentan disuadilo. Regresa pronto ó exterior algo ferido e mareado. Rexeita calquera axuda. Estalan máis cristais. Outra ventá cospe cara ó ceo labaradas xigantes. Acoden os bombeiros por fin. Aproveita o barullo para levantar o voo e desaparecer. As queimaduras laian, pero segue aguantando unha man no peto sen soltar o que esconde. Sorrí. Nada poden facer pola anciá.

 


Cuando llega a casa de su abuela, a quien visita últimamente con mucha frecuencia, sale fuego por el balcón. Sin dudarlo, se empapa en una fuente próxima y entra veloz a la vivienda desoyendo los gritos que intentan disuadirlo. Regresa pronto al exterior algo herido y mareado. Rechaza cualquier ayuda. Estallan más cristales. Otra ventana escupe al cielo llamaradas gigantes. Acuden los bomberos por fin. Aprovecha el barullo para levantar el vuelo y desaparecer. Las quemaduras escuecen, pero sigue aguantando una mano en el bolsillo sin soltar lo que esconde. Sonríe. Nada pueden hacer por la anciana.

No hay comentarios: