POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 sept 2024

ALEGRÍA INFINITA

A moza levaba varios meses en estado vexetativo, á espera do seu destino. Cando este chegou inclemente, foi recibido ós pés da cama por unha nai infatigable e serena; o seu rostro reflectía algo parecido á felicidade absoluta, difícil de comprender. Pasados uns días de ineludibles pésames, agradeceu interiormente á amante secreta do seu esposo que a eximise de obrigacións extra e, decidida, dispúxoo todo segundo tiña planeado: aproveitando unha escapada furtiva do marido, chamou ás súas amigas para saciarse de abrazos e aloumiños antes de emprender, a soas, a viaxe que a levaría ó reencontro coa súa amada filla.

Imaxe procedente de internet






La joven llevaba varios meses en estado vegetativo, a la espera de su destino. Cuando este llegó inclemente, fue recibido a los pies de la cama por una madre infatigable y serena, cuyo rostro reflejaba algo parecido a la felicidad absoluta, difícil de comprender. Pasados unos días de ineludibles pésames, agradeció interiormente a la amante secreta de su esposo que la eximiera de obligaciones extra y, decidida, lo dispuso todo según tenía planeado: aprovechando una escapada furtiva del marido, llamó a sus amigas para saciarse de abrazos y mimos antes de emprender, a solas, el viaje que la llevaría al reencuentro con su amada hija.


No hay comentarios: