POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 ago 2024

O RELOXEIRO / EL RELOJERO

 

Ninguén sabe de onde veu. Chegou unha tarde calquera á taberna do lugar. Buscaba algún local dispoñible para el e o seu taller de reloxería. Ofrecéronlle o do boticario, falecido meses atrás sen descendencia.

Unha semana despois, xa instalara o negocio na farmacia e convertira a rebotica en vivenda unipersoal. Cambiou o rótulo vello por RELOXOS A MEDIDA. Despois pediulle ó taberneiro que correse a voz: un primeiro arranxo gratis. Esta oferta e a curiosidade provocada polo novo letreiro resultaron efectivas; quen non dispoñía de reloxo defectuoso conseguiuno prestado.

Quedaron satisfeitos coas reparacións e a explicación do forasteiro: facía reloxos por encarga, de calquera material, forma ou cor solicitados; poderían adiantar ou atrasar ó gusto do cliente, e mesmo marcar hora exacta; a un prezo razoable e con garantía vitalicia.

Estendeuse a súa fama por toda a comarca. O lugar pasou de ser aldea ignorada a destino turístico.

Os anos foron deixando pegada en todo o mundo. Menos no reloxeiro, que seguía lucindo o mesmo aspecto do primeiro día. Cando alguén, abraiado, eloxiaba esa aparencia de mozo, el sorría malicioso tentando o seu reloxo particular oculto baixo a roupa, sempre parado. 

Imaxe procedente de internet

Nadie sabe de dónde vino. Llegó una tarde cualquiera a la taberna del pueblo. Buscaba algún local disponible para él y su taller de relojería. Le ofrecieron el del boticario, fallecido meses atrás sin descendencia.

Una semana después, ya había instalado el negocio en la farmacia y convertido la rebotica en vivienda unipersonal. Cambió el rótulo viejo por RELOJES A MEDIDA. Luego le pidió al tabernero que corriera la voz: un primer arreglo gratis. Esta oferta y la curiosidad provocada por el nuevo letrero resultaron efectivas; quien no disponía de reloj defectuoso lo consiguió prestado.

Quedaron satisfechos con las reparaciones y la explicación del forastero: hacía relojes por encargo, de cualquier material, forma o color solicitados; podrían adelantar o atrasar al gusto del cliente, e incluso marcar hora exacta; a un precio razonable y con garantía vitalicia.

Se extendió su fama por toda la comarca. El lugar pasó de ser aldea ignorada a destino turístico.

Los años fueron dejando huella en todo el mundo. Menos en el relojero, que seguía luciendo el mismo aspecto del primer día. Cuando alguien, asombrado, elogiaba tan joven apariencia, él sonreía malicioso tentando su reloj particular oculto bajo la ropa, siempre parado.

 

No hay comentarios: