POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 feb 2016

INTERESES CRUZADOS



(Imaxe procedente de internet)
Vivir coma unha marquesa cos bens gananciais foi o meu obxectivo vital. Sempre desprecei proposicións amorosas que me apartasen do camiño a seguir, marcado polo meu pai pouco antes de morrer, sendo apenas unha adolescente. A miña nai abandonárame anos atrás, cegada polos ouropeis dun sedutor. 

Xa murcha e asumindo o fracaso, caeu do ceo un anxo octoxenario. Só aceptei matrimonio cando tiven a seguridade do testamento favorable. Pronto deixei o meu traballo para coidalo e facer que o seu percorrido final fose o máis plácido e lixeiro posible. 

Acabo de ler as súas últimas vontades. Deixou todo o seu xeneroso patrimonio a unha institución benéfica. Un santo.





Vivir a lo grande de los bienes gananciales fue mi objetivo vital. Siempre desprecié proposiciones amorosas que me apartaran del camino a seguir, marcado por mi padre en su lecho de muerte siendo apenas una adolescente. Mi madre me había abandonado antes, deslumbrada por los oropeles de un embaucador.

Ya marchita y asumiendo el fracaso, cayó del cielo un ángel octogenario. Sólo acepté matrimonio cuando tuve la seguridad del testamento favorable. Pronto dejé mi trabajo para cuidarlo y hacer que su recorrido final fuera lo más plácido y ligero posible.

Acabo de leer sus últimas voluntades. Dejó todo su generoso patrimonio a una institución benéfica. Un santo.
                                                                                                                                      
                                                                                                                                    Creado  para REC

4 comentarios:

LA CASA ENCENDIDA dijo...

Jajaj, muy buen final.
Besicos muchos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

:-) Moitas grazas.

carnota dijo...

Quedei algo desilusionada co final. Gústanme os finais felices. Jajaja

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Pois este si que foi un final feliz: ti por aquí!!!!