POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 feb 2016

PÁNFILO


El custodia un pequeno monte de cogomelos preto de casa, para que non lle arrinquen o pouco que aínda queda. Ela busca outros novos, acompañada dun experto. Regresan esgotados, cos cestos acugulados de frustración finxida. Prometen seguir intentándoo.


                                                           

Él custodia un pequeño setal cerca de casa, para que no le arranquen lo poco que aún queda. Ella busca otros nuevos, acompañada de un experto. Regresan agotados, con los cestos repletos de frustración fingida. Prometen seguir intentándolo.



No hay comentarios: