POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 feb. 2016

DE ARRIBA ABAJO / DE ARRIBA ABAIXO


(Imaxe procedente de internet)

Buscou na internet a información e materiais necesarios para facer a súa propia casa. Empezouna polo tellado e levoulle toda a vida alcanzar os cimentos. Entón, decatouse de que chegara a hora de retellar. Pero xa non tivo forzas para subir.





Buscó en Internet la información y materiales necesarios para hacer su propia casa. La empezó por el tejado y le llevó toda la vida alcanzar los cimientos. Entonces, se dio cuenta de que había llegado la hora de retejar. Pero ya no tuvo fuerzas para subir.


No hay comentarios: