POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

3 mar 2016

TALLE DE NESPRA / TALLE DE AVISPA

  
Aínda convalecente, sintonizou cada un dos espazos informativos en busca da noticia. Devorou teletextos, xornais, redes sociais dos máis diversos medios de comunicación... Nin a mínima referencia ó seu caso. Non contaba desprazar dos titulares a marea política que todo o invadía, nin tampouco que afondasen no tema; pero xamais puido imaxinar a nula repercusión do seu vídeo de youtube gravado en quirófano, desastre incompatible coa necesidade de visitar algún estudio de televisión remunerado. A ver agora como paga a factura da clínica onde deixou as costelas flotantes… ¡Á merda o futuro prometedor!




(Imaxe procedente de internet)
Todavía convaleciente, sintonizó cada uno de los espacios informativos en busca de la noticia. Devoró teletextos, periódicos, redes sociales de los más diversos medios de comunicación... Ni una mínima referencia a su caso. No contaba desplazar de los titulares la marea política que todo lo invadía, ni tampoco que profundizaran en el tema; pero jamás pudo imaginar la nula repercusión de su vídeo de youtube grabado en quirófano, desastre incompatible con la necesidad de visitar algún plató remunerado. A ver ahora cómo paga la factura de la clínica donde ha dejado las costillas flotantes… ¡A la mierda el futuro prometedor!

                                                         Creado para la 2ª ronda de LA COPA de ENTC


No hay comentarios: