POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 mar 2016

GOLPE DE EFECTO


(Imaxe procedente de internet)




Serán só cen palabras. Ou quizais menos. As mínimas necesarias para darche as grazas pola túa axuda de onte á noite. Ese último empurrón foi decisivo. Sen el, non sería capaz de levar a cabo o que tanto tempo desexei. Xa empezo a notar os efectos. Non deixes que a nosa filla me vexa, descubriría as túas marcas no meu rostro. Xúralle que foi un infarto.







Serán solo cien palabras. O quizás menos. Las mínimas necesarias para darte las gracias por tu ayuda de anoche. Ese último empujón fue decisivo. Sin él, no sería capaz de llevar a cabo lo que tanto tiempo he deseado. Ya empiezo a notar los efectos. No dejes que nuestra hija me vea, descubriría tus marcas en mi rostro. Júrale que fue un infarto. 

                                                                                                                                   Creado  para REC

No hay comentarios: