POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 mar 2016

NOVELA CON FINAL TRISTE


Líasme por dentro, en voz baixa, capítulo a capítulo. Eu, confiada, pasábache as follas. Ata o final. Agora que xa non hai misterio, como te aburro, cámbiasme por outra historia. Crin coñecerte e só sabía o teu nome.




Me leías por dentro, en voz baja, capítulo a capítulo. Yo, confiada, te pasaba las hojas. Hasta el final. Ahora que ya no hay misterio, como te aburro, me cambias por otra historia. Creí conocerte y sólo sabía tu nombre.



No hay comentarios: