POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 feb 2016

EN BUCLE


Era dos poucos detectives honrados que quedaban na cidade. Era. Ata que tamén sucumbiu ante a suculenta contraoferta da muller espiada. O seu marido ía contratando un a un, sen éxito, coa intención de pescudar en que investía os cartos a súa esposa. Ela recompensábaos de dous en dous: ó primeiro, para saber a quen encargara o seu consorte que a seguise; unha vez informada, pecháballe a boca ó segundo cun sobre máis ca xeneroso.


(Imaxe procedente de internet)










Era de los pocos detectives honrados que quedaban en la ciudad. Era. Hasta que también sucumbió ante la suculenta contraoferta de la mujer espiada. Su marido los iba contratando uno a uno, sin éxito, con la intención de averiguar en qué invertía el dinero su esposa. Ella los recompensaba de dos en dos: al primero, para saber a quién había encargado su consorte que la siguiera; una vez informada, le callaba la boca al segundo con un sobre más que generoso. 
                                                                                                                                          
                                                                                                                         Creado  para REC



No hay comentarios: