POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 feb 2016

A VIDA CIRCULA SEN MARCHA ATRÁS / LA VIDA CIRCULA SIN MARCHA ATRÁS


(Imaxe procedente de internet)



Subir de novo á habitación do seu fillo, espertalo outra vez con bicos e cóxegas como a el lle gusta, levalo no colo á ducha, prometerlle un premio se acaba axiña o almorzo, colocarlle a mochila ás costas, acompañalo ata o autobús agarrado da man, aínda que proteste... Berra desesperada. As veciñas tentan consolala. Aínda se oe a sirena da ambulancia.





Subir de nuevo a la habitación de su hijo, despertarlo otra vez con besos y cosquillas como a él le gusta, llevarlo en brazos a la ducha, prometerle un premio si acaba pronto el desayuno, colocarle la mochila a la espalda, acompañarlo hasta el autobús agarrado de la mano, aunque proteste… Grita desesperada. Las vecinas intentan consolarla. Todavía se oye la sirena de la ambulancia.


                                                                                                                                                                          Creado  para REC

2 comentarios:

LA CASA ENCENDIDA dijo...

Qué giro chica!! Tan tierno al principio pone el vello erizado al final. Muy bueno.
Besicos muchos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas.