POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 oct 2015

A MANCHA / LA MANCHA


Un señor con levita que se parece a Pushkin visítame cada noite. Miña nai di que o vexo en soños, froito da obsesión que me entrou últimamente pola poesía romántica. O seu noivo rise burlón. Pero estou segura de que se enganan e voullo demostrar. Levo varios días agachando a pastilla que me dan para durmir. Aguanto esperta ata que o oio entrar; entón, prendo a luz e desaparece ó instante. Hoxe vai caer na trampa: o pegamento extraforte que botarei no chan impediralle fuxir. ¡Non quero nin imaxinar o cabreo de mamá cando vexa o parqué manchado!
(Imaxe baixada de internet)










Un señor con levita que se parece a Pushkin me visita cada noche. Mi madre dice que lo veo en sueños, fruto de la obsesión que me ha entrado últimamente por la poesía romántica. Su novio se ríe burlón. Pero estoy segura de que se equivocan y se lo voy a demostrar. Llevo varios días escondiendo la pastilla que me dan para dormir. Aguanto despierta hasta que lo oigo entrar; entonces, enciendo la luz y desaparece al instante. Hoy va a caer en la trampa: el  pegamento extrafuerte que echaré en el suelo le impedirá huir. ¡No quiero ni imaginar el enfado de mamá cuando vea el parqué manchado!

                                                                                                                                                                  Creado  para REC

3 comentarios:

LA CASA ENCENDIDA dijo...

Muy buena apuesta e imaginativa, y ¡mira que la frasecita era un poco retorcida!!
Suerte para la próxima.
Besicos muchos.

Rafa Olivares dijo...

¿Galicia?, ¿pastillas a la niña para dormir?, ¡cuídate Edita y sigue sin tomártelas!
Divertido e imaginativo.
Besos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas ós dous.