POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 jul 2015

O VIOLADOR DO PICO / EL VIOLADOR DEL PICO


Andan dicindo as malas linguas que no Pico Sacro, desde hai uns meses, habita un mal bicho, un monstro que rouba mozas novas nos arredores das discotecas da zona. Despois de abusar delas nunha cova do devandito monte, disque as deixa abandonadas en calquera lugar. ¡Non hai cousa que máis me rebente cós dixomedíxomes! Si, é certo que as levo á entrada dunha gruta porque alí teño todo o material necesario, ao enxoito, e tamén para que poidan berrar a gusto sen ter que amordazalas. Pero non as forzo, non lles fago dano ningún, se ata uso guantes de quirófano e todo… Tampouco é verdade que as deixe tiradas por aí; bo traballo me dá achegalas o máis  posible ás súas casas, arriscándome en exceso. Porque a xente é moi mal pensada; se me descubrisen, non ían entender as miñas explicacións. Eu son un home serio, só me move un interese estritamente profesional: debo preservar a miña dilatada sona de cirurxián destacado. Por iso preciso con urxencia un hime intacto, para un transplante. Tan pronto como o logre, acabouse o conto.


(Imaxe baixada de internet)

Andan diciendo las malas lenguas que en el Pico Sacro, desde hace unos meses, habita un mal bicho, un monstruo que roba muchachas jóvenes en los alrededores de las discotecas de la zona. Después de abusar de ellas en una cueva de dicho monte, por lo visto, las deja abandonadas en cualquier lugar. ¡No hay cosa que más me reviente que las habladurías! Sí, es cierto que las llevo a la entrada de una gruta porque allí tengo resguardado todo el material necesario; también para que puedan gritar a gusto sin tener que amordazarlas. Pero no las fuerzo, no les hago daño alguno, si hasta uso guantes de quirófano y todo... Tampoco es verdad que las deje tiradas por ahí; buen trabajo me da acercarlas lo más posible a sus casas, arriesgándome en exceso. Porque la gente es muy mal pensada; si me descubrieran, no entenderían mis explicaciones. Yo soy un hombre serio, sólo me mueve un interés estrictamente profesional: debo preservar mi dilatada fama de cirujano destacado. Por eso necesito con urgencia un himen intacto, para un trasplante. Tan pronto como lo consiga, se acabó la historia.
                                                                                               
                                                                                                         Creado para ENTC

2 comentarios:

suaseiras dijo...

Mortal!!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja.