O
seu comportamento estraño e un aspecto físico peculiar impídenlle
pasar desapercibido por máis que se esforce. Sentirse tan observado
engade dificultade ao seu labor, xa de por si complexo. Mais a
reacción da xente está xustificada porque leva varios meses na zona
e aínda non o viron nunha celebración, no centro de saúde ou na
tenda. Nin sequera falaron con el. Saúda a todo o mundo con amplo
sorriso e xestos amables, pero non sae unha palabra da súa boca. Só
saben que pasa a noite na casa grande abandonada. Descoñecen cal é
a súa profesión, e isto é o que produce maior desconfianza na
vila. Chegaron a especular coa posibilidade de que fose un terrorista
ou un fuxitivo. Mesmo se organizaron para vixialo polas noites, sen
éxito ningún: a súa vivenda permanece sempre en silencio absoluto
e ás escuras. Cada día, abandona a casa cedo e desaparece andando;
á noitiña, regresa aparentemente cansado.
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
Están
moi lonxe de imaxinar que traballa para eles; que alí seguirá ata a
consecución do obxectivo: o deseño dun canón granífugo eficaz. A
non ser que descubran antes o seu ovni camuflado no bosque...
Su comportamiento extraño y un aspecto físico
peculiar le impiden pasar desapercibido por más que se esfuerce.
Sentirse tan observado añade dificultad a su cometido, ya de por sí
complejo. Mas la reacción de la gente está justificada porque lleva
varios meses en la zona y todavía no lo han visto en una
celebración, en el centro de salud o en la tienda. Ni siquiera han
hablado con él. Saluda a todo el mundo con amplia sonrisa y gestos
amables, pero una palabra no sale de su boca. Sólo saben que
pernocta en la casona abandonada. Desconocen cuál es su profesión,
y esto es lo que produce mayor desconfianza en el pueblo. Han llegado
a especular con la posibilidad de que fuera un terrorista o un
fugitivo. Incluso se han organizado para vigilarlo por las noches,
sin éxito alguno: su vivienda permanece siempre en silencio absoluto
y a oscuras. Cada día, abandona la casa temprano y desaparece
andando; al anochecer, regresa aparentemente cansado.
Están muy lejos de imaginar que trabaja para ellos;
que allí seguirá hasta la consecución del objetivo: el diseño de
un cañón granífugo eficaz. A no ser que descubran antes su ovni
camuflado en el bosque…
No hay comentarios:
Publicar un comentario