POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 jul 2015

¡DE PUTA MADRE!


(Imaxe baixada de internet)



Non había calefacción nin cea quente. Á pobre mamá tocáballe improvisar outra vez, e sacou da manga o xogo do tremor: o que máis tremelicase, sería o campión. Os pequenos acabaron durmindo de rendidos. Ela aproveitou para saír a ganar a vida. 






No había calefacción ni cena caliente. A la pobre mamá le tocaba improvisar otra vez, y se sacó de la manga el juego del tembleque: el que más tiritara, sería el campeón. Los pequeños acabaron durmiendo de rendidos. Ella aprovechó para salir a buscarse la vida.



No hay comentarios: