POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 jul 2015

HISTORIA DE NAI / HISTORIA DE MADRE


Cumpridos os dezasete, a María mandárona a servir. O fillo dos patróns, aínda que xa tiña moza, celebrou a súa chegada. Pronto houbo que casalo, antes de que o embarazo da prometida se notase. Entre os convidados, un capricho do noivo: María. Á mañá seguinte, esta regresou á aldea, co pretexto de coidar un pai enfermo. Alí ocultou o seu segredo, ata que os choros do recén nacido difundiron a vergonza. Co fillo colgado do peito, fuxiu dos desprezos buscando respecto e xornal. Para cando chegasen as preguntas do neno, levaba preparado un fermoso conto.




MADRE E HIJO, de Paula Modersohn-Becker (Internet)
Cumplidos los diecisiete, a María la mandaron a servir. El hijo de los patrones, aunque ya estaba ennoviado, festejó su llegada. Pronto hubo que casarlo, antes de que el embarazo de la prometida se notara. Entre los invitados, un capricho del novio: María. A la mañana siguiente, ésta regresó al pueblo, con el pretexto de cuidar un padre enfermo. Allí ocultó su secreto, hasta que el llanto del recién nacido difundió la vergüenza. Con el hijo colgado del pecho, huyó de los desprecios buscando respeto y jornal. Para cuando llegaran las preguntas del niño, llevaba preparado un hermoso cuento.



                                                           Inspirado en "Juan Charrasqueado" para RCBS

No hay comentarios: