POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 may. 2015

TERAPIA DE CHOQUE


LA CALIDAD DEL SILENCIO.  Litografía , de Manolo fuster

O incómodo cadáver do mediador familiar recibiunos espatarrado na cadeira do despacho. A vista e o olfacto deron sinais de alarma. Asustados, correron cara á porta que, para a súa desgraza, acababa de pechar por fóra a señorita que os conducira ata alí. Buscaron inutilmente as ventás. O motivo da visita xa era o de menos, só urxía saír.

Unha hora máis tarde, regresou a moza. Sorriu ao velos tan aflixidos e abrazados: ela saloucaba; el non conseguía calmala. Antes de que fuxisen, entregoulles os móbiles requisados e a factura. Despois, desenchufou o ambientador fétido e retocou o boneco putrefacto.





El incómodo cadáver del mediador familiar los recibió repanchingado  en el sillón del despacho. La vista y el olfato dieron señales de alarma. Asustados, corrieron hacia la puerta que, para su desgracia, acababa de cerrar con llave la señorita que los había conducido hasta allí. Buscaron inútilmente las ventanas. El motivo de la visita ya era lo de menos, solo urgía salir.

Una hora después, regresó la chica. Sonrió al verlos tan afligidos y abrazados: ella sollozaba; él no conseguía calmarla. Antes de que huyeran, les hizo entrega de los móviles requisados y la factura. Luego, desenchufó el ambientador fétido y retocó el muñeco putrefacto.

                                                                                                                                 Creado  para REC 



3 comentarios:

Miguel jiménez salvador dijo...

Lista la chica, je je.
Saludos Noz.

Rafa Olivares dijo...

Otra perla de las tuyas. Genial.
Besos.

Edita dijo...

Un millón de grazas outra vez, sodes moi amables.