POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

31 may 2015

PRAIA PRIVADA / PLAYA PRIVADA


Enzoufo a pel de crema. Estendo a toalla sobre a area mollada. Tómbome boca abaixo, ata que noto húmida a barriga. Vírome. Lembro, revivo, soño.... Miro o reloxo de parede. Recollo axiña a area do chan para mañá, antes de que chegue a asistenta. 

(Imaxe baixada de internet)

Embadurno la piel de crema. Extiendo la toalla sobre la arena mojada. Me tumbo boca abajo, hasta que noto húmeda la barriga. Me doy la vuelta. Recuerdo, revivo, sueño…. Miro el reloj de pared. Recojo rápidamente la arena del suelo para mañana, antes de que llegue la asistenta. 


No hay comentarios: