POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 may. 2015

PROBLEMAS CONXELADOS / PROBLEMAS CONGELADOS




(Imaxe baixada de internet)
O incómodo cadáver do mediador familiar foi providencial. Inmediatamente, desapareceron todas as nosas diferenzas conxugais e recuperamos a complicidade esquecida. Axiña acordamos baleirar o conxelador e instalalo alí, mentres urdiamos un plan perfecto para desfacernos del sen levantar sospeitas.

O asunto alongouse. Cada noite, trasladabámolo dende o seu frío sarcófago ata unha manta colocada no centro do salón; entón, debatiamos serenamente o rumbo a seguir. Pero acabamos acostumándonos tanto á súa presenza conciliadora, que agora xa nos dá medo perdelo de vista e decidimos que se quede na casa. O problema é que teremos que mercar outro conxelador para os alimentos...





El incómodo cadáver del mediador familiar fue providencial. Inmediatamente, desaparecieron todas nuestras diferencias conyugales y recuperamos la complicidad olvidada. Enseguida acordamos vaciar el arcón congelador e instalarlo allí, mientras urdíamos un plan perfecto para deshacernos de él sin levantar sospechas.

El asunto se alargó. Cada noche, lo trasladábamos desde su frío sarcófago hasta una manta colocada en el centro del salón; entonces, debatíamos serenamente el rumbo a seguir. Pero  acabamos acostumbrándonos tanto a su presencia conciliadora, que ahora nos da miedo perderlo de vista y hemos decidido que se quede en casa. El problema es que tendremos que comprar otro congelador para los alimentos…

                                                                                                                                Creado  para REC  

5 comentarios:

Miguel jiménez salvador dijo...

Bien vale un nuevo congelador, je je.
Saludos, Nos.

Rafa Olivares dijo...

jajajaja, humor del bueno, marca Edita. Me encantó.
Besos.

Edita dijo...

Iso de "marca Edita" sí que me encantou a min. :-) Moitas grazas ós dous.

Juan Antonio dijo...

Humor negro que a mi personalmente me deja con una sonrisa. Sorprendente historia y la naturalidad con la que nos la explicas. Mucha suerte :)

Edita dijo...

Moitas grazas. A sorte non me viña mal, non, pero anda enredada con outros... :-)