POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 oct 2012

REGRESIÓN



Ata bater cunha pila de leña non foi consciente da insólita realidade: desprazábase involuntariamente cara atrás. A velocidade de retroceso era tan insignificante que só se facía perceptible se permanecía longo tempo parada, como acababa de ocorrer. Co lombo pegado á madeira, que a retiña e lle aportaba  seguridade, puido, ó fin, dar explicación ós estraños acontecementos dos últimos meses. Comezara a ser impuntual sen xustificación, custáballe incorporarse ás escaleiras mecánicas, chegaba esgotada do paseo habitual, dicíanlle que cada vez estaba máis nova... Palideceu. ¡Non quería chegar ó pasado!



(Imaxe baixada de internet)
Hasta chocar contra una pila de maderos no fue consciente de la insólita realidad: se desplazaba involuntariamente hacia atrás. La velocidad de retroceso era tan insignificante que solo se hacía perceptible si permanecía largo tiempo parada, como acababa de ocurrir. Con la espalda pegada a la madera, que la retenía y le aportaba seguridad, pudo, al fin, dar explicación a los extraños acontecimientos de los últimos meses. Había empezado a ser impuntual sin justificación, le costaba incorporarse a las escaleras mecánicas, llegaba agotada del paseo habitual, le decían que cada vez estaba más joven... Palideció. ¡No quería llegar al pasado!



7 comentarios:

e dijo...

Seguimos dándole vueltas a lo de viajar al pasado, ¿eh?.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Este foi provocado, foi escrito para participar nun concursiño e o tema era "viaxar no tempo".

Rascacheira dijo...

O lugar común da volta ao útero materno, non si?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois non, non pensara niso, pero tamén podería ser...

carnota dijo...

O pasado está aí, ás veces pesa coma se levasen unha mochila e tírate para atrás. Vale máis aliviar, sacar cousas de enriba e andar máis lixeiro. Tanto na química como na vida ten que quedar algún enlace libre para poder REACCIONAR. Se non é así quedas na mesma estructura, para sempre.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Pero que filósofa te pos! Non che dou andado...

suaseiras dijo...

Perdinme...,debo estar na estructura isa..., pa sempre!!

Moi bo relato.