POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

15 oct 2012

HEDRA / HIEDRA




                            Con pés de gata
                desde a terra ó ceo
      ascende a hedra.







                    Con pies de gata
                              desde la tierra al cielo
                                              trepa la hiedra.




6 comentarios:

Eutimos dijo...

Bonita metáfora la de los pies de gata, es cierto, trepa y trepa silenciosamente, pasito a paso.

Rascacheira dijo...

Encantoume a fotito, ademais do haiku, claro!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ai bueno, xa pensei que te ías esquecer do haiku... Ja ja ja.

carnota dijo...

¡Encántame! sobre todo (perdón) polo cariño que lle teño ás gatas. Coa mesma sutileza sobe a hedra pola parede coma a miña gata empurra o cacharro da auga de pranchar (pasar o ferro)ata que o baleira completamente.
Ámbalas dúas mostran cara de arrepentimento. Non nos damos enfadado con elas.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Xa..., a ti o que che gusta é que fale da túa gata... Pois dame tempo. ¿Chamábase Mika, non?

carnota dijo...

Chámase Mica pero non o facía con esa intención. Non quero abusar. Ademais non é exclusiva só que a través dela conseguir VER ós seres da súa especie.