POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 ago 2012

MISTERIO A PEDAZOS


(Imaxe baixada de internet)
Primeiro foi un anaco de zapatilla vella; despois, a funda dun móbil, unha folla do xornal, o testo dunha pota... Cada vez que chegaba do traballo, atopaba agasallos deste tipo esparexidos polos lugares máis insólitos da casa. Ó principio, tomouno con relativa tranquilidade; recollíaos sen darlle demasiada importancia ó asunto. Pero segundo ían pasando os días, o número de pezas aumentaba e comezouse a cansar. A pinga que colmou o vaso foi un zanco de polo enriba da cama desfeita. Ó enfado sumouse a preocupación e acudiu á policía local solicitando axuda.

-Imos ver..., señor ¿Estanos a insinuar que lle adestremos o seu cachorro?

-Creo que non me entenderon. Vivo só, non teño mascota ningunha. Tamén lles anticipo que xa cambiei a pechadura da porta despois dos primeiros achados.        




        Primero fue un trozo de zapatilla vieja; después, la funda de un móvil, una hoja del periódico, la tapa de una tartera… Cada vez que llegaba del trabajo, se encontraba regalos de este tipo esparcidos por los lugares más insólitos de la casa. Al principio, lo tomó con relativa tranquilidad; los recogía sin darle demasiada importancia al asunto. Pero según iban pasando los días, el número de piezas aumentaba y se empezó a cansar. La gota que colmó el vaso fue un muslo de pollo sobre la cama deshecha. Al enfado se sumó la preocupación y acudió a la policía local solicitando ayuda.
         -Vamos a ver…., señor. ¿Nos está insinuando que le adiestremos a su cachorro?
        -Creo que no me han comprendido. Vivo solo, no tengo mascota alguna. También les anticipo que ya he cambiado la cerradura de la puerta después de los primeros hallazgos.



5 comentarios:

Rascacheira dijo...

Imos ir a pedazos???
Pois xa estás tardando que me come la intriga...

eutimos dijo...

¡Pues sí que es misterioso!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ai que gracia, Rascacheira! O dos pedazos referíase ós anacos de obxectos que ían aparecemdo. Moito me temo que vas ter que imaxinar ti o final...

eutimos dijo...

¿Los gatos no se cuelan por sitios insólitos?, a ver si va a ser eso. ¿O el protagonista era sonámbulo?. No nos dejes con la duda...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja ja ja... É un texto destes modernos, de final aberto. Admítense diferentes solucións. Esas dúas xa me gustan, sobre todo a do sonambulismo.