POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 ago. 2012

ADICCIÓN INOFENSIVA


Acabáronse as competicións e as medallas. Casou, pariu e cambiou de vida como se cambiase de planeta. Enganouse ó pensar que o amor e as responsabilidades familiares apagarían os rescaldos da súa paixón polo deporte. Cada noite de insomnio acrecenta a morriña. Desesperada, inventa un deporte de alto risco. O medo a ser descuberta devólvelle a emoción e o nivel de adrenalina axeitado. Como material, unha simple corda que mantén oculta. Cando os seus dormen, engánchaa no balcón da terceira planta onde vive e descólgase por ela. Camiña en pixama un par de horas e regresa á casa agatuñando pola soga. Con  sumo coidado, déitase a carón do seu marido, preparada para durmir placidamente. Non sabe que agora o insomne é el, que finxe ignorancia e sono profundo para que ela sexa feliz.


(Imaxe baixada de internet)

Se acabaron las competiciones y las medallas. Se casó, parió y cambió de vida como si hubiera cambiado de planeta. Se equivocó al pensar que el amor y las responsabilidades familiares apagarían los rescoldos de su pasión por el deporte. Cada noche de insomnio  acrecenta la nostalgia. Desesperada, inventa un deporte casero de alto riesgo. El miedo a ser descubierta le devuelve la emoción y el nivel de adrenalina adecuado. Como material deportivo, una simple cuerda que mantiene oculta. Cuando los suyos duermen, la engancha en el balcón de la tercera planta en la que vive y se descuelga por ella. Camina en pijama un par de horas y regresa a casa trepando por la soga. Con sumo cuidado, se acuesta al lado de su marido, preparada para dormir plácidamente. No sabe que ahora el insomne es él, que finge ignorancia y sueño profundo para que ella sea feliz.


3 comentarios:

Eutimos dijo...

Es una bonita historia de amor.

Madoé dijo...

Ó final, resultou de amor, aínda que o tema inicial era o deporte de alto risco.

suaseiras dijo...

Uff!!
Que complicado iso do amor
Que comlicados somos!!